Axenda

Marzo 2010
L M m X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

En destaque, BNG A Coruña
O Primeiro Tenente de Alcalde inaugurou as obras executadas pola Escola taller Torre de Hércules PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Marzo 2010 17:37

UN TOTAL DE 56 MOZOS E MOZAS LEVARON A CABO UN PROXECTO  DE RECUPERACIÓN MEDIOAMBIENTAL DA CONTORNA DA TORRE DE HÉRCULES QUE INCLÚE UNHA NOVA SENDA ENTRE O FARO E O AQUARIUM, UNHA PISTA DE CAMPO A TRAVÉS, UN NOVO MIRADOR...


NO ACTO DE CLAUSURA PARTICIPARON OS INTEGRANTES DA ESCOLA TALLER E MÁIS DE 350 ESCOLARES DOS DISTINTOS CENTROS PARTICIPANTES NO PROGRAMA ‘O VAGALUME DA TORRE’ OS QUE FIXERON UNHA ENTREGA SIMBÓLICA DA TORRE Á CIDADE


O Primeiro Tenente de Alcalde Henrique Tello presidiu esta mañá o acto de clausura da Escola Taller Torre de Hércules no que participaron un total de 56 mozos e mozas quen executaron un proxecto de recuperación medioambiental da contorna da Torre de Hércules. Unhas obras que foron inauguradas esta mesma mañá polo Primeiro Tenente de Alcalde.O Primeiro Tenente de Alcalde percorreu a nova senda que une a Torre de Hércules co Acuarium xunto cos membros da Escola Taller para posteriormente celebrar un acto de clausura no que participaron ademais os nenos e nenas de tres dos centros escolares que participaron no programa ‘O Vagalume da Torre’.

Neste acto tivo lugar unha entrega simbólica á cidade da Coruña dunha Torre de Hércules de porexpan feita entre todos os participantes e que foi rematada no propio Acuarium polo Primeiro Tenente de Alcalde e a Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, quen colocou a última das pezas.

O proxecto Contorna Torre de Hércules consta de dúas zonas claramente diferenciadas. Por unha banda atopámonos coa zona do “Campo da Lagoa”, a carón da praia das Lapas e por outra banda sitúase o parque de Punta Herminia. Diferenciando dous xeitos de actuación.A primeira actuación desenvólvese no “Campo da Lagoa”, con actuacións encamiñadas a consolidar as condicións paisaxísticas da contorna natural.
A segunda zona de actuación no “parque de Punta Herminia” con melloras que completen a contorna da Torre de Hércules.
Ler máis...
 
A Concelleira de Cultura lamenta o desprezo da Xunta coa cidade da Coruña a que continúa a negar a celebración do Culturgal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Marzo 2010 14:30

O PP REXEITOU ONTE NO PARLAMENTO GALEGO UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI SOBRE A ORGANIZACIÓN DA FEIRAS DAS INDUSTRIAS CULTURAIS ‘CULTURGAL’ NO 2010


O GRUPO PARLAMENTARIO DO PP REXEITOU ASI MESMO ACEPTAR Á CIDADE DA CORUÑA COMO SEDE DESTE IMPORTANTE EVENTO DE APOIO AS INDUSTRIAS CULTURAIS GALEGAS GALEGO


A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, lamentou a actitude de desprezo que continúa a manter a Xunta de Galiza coa cidade da Coruña ao negarse a aceptar A Coruña como sede para a celebración do vindeiro Culturgal o mesmo tempo que negou comprometer fondos para a celebración deste evento que tivo unha importante acollida no sector e converteuse nun apoio para á cultura galega.

A portavoz de cultura  do BNG, Ana Pontón,  defendeu onte, no Parlamento galego, unha Proposición non de Lei  sobre a organización da Feira das Industrias Culturais “CULTURGAL” no ano 2010 que foi rexeitada polo grupo parlamentario do Partido popular.

A deputada do BNG, lamentou igual que a Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, que o Partido Popular non aceptara a cidade de A Coruña para a celebración do próximo “CULTURGAL” e a falta de compromiso orzamentario para un evento, que cualificou de “grande éxito” en edicións anteriores.

A celebración do “CULTURGAL” durante os anos  2007 e 2008, tivo unha acollida moi favorable entre as industrias culturais, resultando ser un importante apoio para as asociacións do sector pero,  “no ano  2009, a actual  Consellaría de Cultura e Turismo decidiu suspendelo alegando falta de recursos para a súa organización”.

No pasado período de sesións, o BNG presentou unha iniciativa na que se instaba a Xunta de Galiza para que no ano 2009 se celebrara o CULTURGAL, baseándose nos anos 2007 e 2008 como “fito importante” na política de promoción, proxección das industrias culturais e  elemento  dinamizador da cultura galega.
Ler máis...
 
A Concellaría de Igualdade iniciará mañá o deseño do Plan de Conciliación Municipal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Marzo 2010 22:13

APRAZADA A VISITA DA DIRECTORA DO INSTITUTO DA MULLER, LAURA SEARA, QUE ESTABA PREVISTA PARA MAÑÁ AO CONCELLO DA CORUÑA


A Concellaría de Igualdade que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez, iniciará mañá o deseño do Plan de Conciliación Municipal. Estaba prevista a visita da Directora do Instituto da Muller, Laura Seara, ao Concello da Coruña co fin de presentar e apoiar o inicio dos traballos para deseñar e aprobar o Plan pero finalmente a visita quedou aprazada.

En xaneiro deste ano, comezou a segunda fase do Proxecto Equilibrio cuxo obxectivo xeral consiste en apoiar e asesorar o deseño, a aprobación e a posta en marcha dun Plan de Conciliación en dez territorios de España. Para elixir aos concellos participantes neste fito, o Instituto da Muller en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), abriron a correspondente convocatoria pública, para a cal o Concello da Coruña presentou a su solicitude de participación. O Concello da Coruña é a única entidade local galega que participa neste proxecto, xunto con outras administracións locais de todo o Estado.

Así, unha vez seleccionadas as dez Entidades Locais participantes,  tivo lugar o pasado 19 de xaneiro na sede do Instituto da Muller en Madrid a primeira xornada informativa que contou con representantes deste Organismo, dos municipios e da FEMP. O encontro versou sobre o proceso metodolóxico que se utilizará para que cada municipio finalice este ano coa posta en marcha dun Plan de Conciliación.
Ler máis...
 
A Concellaría de Igualdade organiza o obradoiro ‘Dereito de familia’ sobre dereitos básicos e educación en valores na infancia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Marzo 2010 22:06

SERÁ O VENRES 12 DE MARZO DE 17.30 A 20.00 HORAS NO CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES


A  Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista, Margarida Vázquez, organiza para o vindeiro venres 12 de marzo, un obradoiro baixo o título ‘Dereito de familia’ dentro dos seus ciclos anuais sobre dereitos básicos e educación en valores na infancia.

Efectivamente, o venres 12, entre as 17:30 e as 20:00 horas,  a Asesora Xurídica do CIM (Centro de Información ás Mulleres) da Coruña,  situado na rúa Hortensias s/n no Barrio das Flores, Araceli Mira García, impartirá este obradoiro co obxectivo xeral Proporcionar un marco xurídico básico no que situar as distintas relacións e situacións que afectan ás unidades familiares.

As persoas destinatarias son, principalmente, mulleres (sen límite de idade), tratándose neste contidos como as familias e o dereito,  as relacións de parella e filiación, a ruptura das relacións de parella, os alimentos entre parentes e os dereitos das e dos menores.

A actividade terá lugar no propio CIM no barrio das Flores (rúa Hortensias, s/N) o venres 12 de 17.30 a 20.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono do Centro: 981 18 43 56.
 
Continúan os obradoiros da Concellaría de Igualdade nos centros cívicos arredor do Día Internacional das Mulleres PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Marzo 2010 16:28

DESTACA A ACTIVIDADE ‘MULLERES, PORTADORAS DE CULTURA’ CO QUE SE AMOSA A REALIDADE CULTURAL TRASMITIDA POLAS MULLERES


Ao longo desta semana a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez continuará celebrando en diferentes Centros Cívicos Municipais as actividades relacionadas coa conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, destacando entre elas o obradoiro “Mulleres, portadoras de cultura’,  xa desenvolto cunha salientable participación  nos Centros de Monte Alto e Monelos e que se desenvolverá nos Centros de As Roseiras (11 de marzo), Castrillón (11 de marzo),  Mallos (10 de marzo) e San Diego 11 de marzo).

Este obradoiro pretende amosar a realidade cultural transmitida polas mulleres, contando para iso cun aliado excepcional: a exposición “Mulleres, espello de culturas” que se pode visitar no Kiosco Alfonso ata o 4 de abril. Trátase dunha viaxe etnográfica e emotiva a través duna fragmentos de vida que nos permiten abordar temas universais e compartidos por todas as mulleres do mundo. Os tres grandes eixos desta exposición son familia, sociedade e divindade. O propio obradoiro inclúe unha visita guiada a esta interesante exposición ofrecida pola Fundación “La Caixa” en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Durante a vindeira semana continuará desenvolvéndose o obradoiro “Mulleres, portadoras de cultura” nos Centros de Labañou (16 e 18 de marzo), Mallos (24 de marzo), Artesáns (18 e 25 de marzo) e Pescadores (17 e 18 de marzo).

Todas as persoas interesadas en participar neste obradoiro deberán dirixirse ao seu Centro Cívico de referencia onde serán informadas do horario e data dispoñibles.
 
As Concellarías de Voluntariado e Solidariedade en Coruña, Culleredo e Cambre esixen á Xunta a gratuidade da formación para as persoas voluntarias para dar cumprimento da Lei PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Marzo 2010 16:16

OS TRES RESPONSABLES MUNICIPAIS AMOSARON O SEU REXEITAMENTO AO PLAN DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO 2010 DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO


ESTA MAÑÁ TIVO LUGAR UN ENCONTRO DE TRABALLO NO CONCELLO DA CORUÑA NO QUE COORDINOUSE O TRABALLO A DESENVOLVER NO FUTURO E ANALIZAR O PLAN DA XUNTA DE GALICIA


A través deste comunicado as areas de Solidariedade e Voluntariado dos Concellos de Cambre, A Coruña e Culleredo desexan mostrar o seu malestar ante a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pola decisión unilateral de cobrar ás persoas voluntarias unha cota de inscrición no programa de formación de voluntariado 2010.A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, mantivo unha reunión de traballo esta mañá cos concelleiros dos concellos de Culleredo, María Beatríz Pérez Mosquera, e Cambre, Antón Otero Domínguez,  responsables das áreas de voluntariado nos diferentes municipios na que se coordinou o traballo a desenvolver no futuro e analizar o Plano de Formación de Voluntariado desenvolvido pola Xunta de Galicia co que ata agora viñan colaborando os distintos concellos.

No mes de xaneiro de 2010, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, púxose en contacto cos distintos concellos para invitalos a solicitar ao ente autonómico cursos de voluntariado para desenvolver nos nosos municipios.

Unha vez feita a solicitude, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado outorgou varios cursos que serán impartidos en espazos de competencia municipal dos concellos de Cambre e A Coruña.

A sorpresa foi cando o pasado día 26 de febreiro de 2010 a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colga na súa páxina WEB www.voluntariadogalego.org o Plan de Formación para o ano 2010 onde se reflicte que os cursos concedidos teñen un custo para cada persoa voluntaria
participante neles.

Cabe recordar que son cursos dirixidos a persoas voluntarias que precisan formación para desempeñar a súa labor solidaria, polo que cobrar pola súa inscrición nos cursos contravén o estipulado na a Lei 3/2000, do 22 de decembro de voluntariado de Galicia.
Ler máis...
 
A Biblioteca Municipal Sagrada Familia celebrará dúas xornadas para país e nais nas que se falará do ‘Que fan os nosos fillos na Internet?’ PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Marzo 2010 16:06

TRATARANSE ENTRE OUTROS TEMAS AS REDES SOCIAIS, PROGRAMAS DE MENSAXERÍA E TAMÉN QUE PRECAUCIONS DEBEMOS TOMAR


A Biblioteca Municipal Sagrada Familia realizará o 15 e o 22 de marzo dúas xornadas baixo o nome ‘Qué fan os nosos fillos na Internet?’ no que se informará aos país das redes sociais, programas de mensaxería, ademais de falar das precaucións a tomar. A actividade terá lugar en horario de 19 a 21 horas.

Internet é algo cotián na vida dos menores. Pasan moitas horas conectados, tanto no colexio como na casa. A través de Internet temos acceso ao coñecemento, á comunicación, á creación… É un medio marabilloso, pero se non se toman as precaucións adecuadas, pode ser potencialmente máis perigoso que a rúa. Por iso hai que coñecer que riscos axexan na Rede e como combatelos. As ameazas poden vir desde unha posible fonte de infección do computador, ata unha suplantación de personalidade que pode desembocar nun mal encontro.

Como pais, nais, é a nosa obriga coñecer este mundo para poder educar aos nosos fillos e fillas no seu bo uso. Ao longo das dúas xornadas do curso coñeceremos as redes sociais, os programas de mensaxería, as precaucións a tomar, que recursos educativos usar, como manexar as situacións que se nos poden presentar…
Ler máis...
 
GUILLERME VÁZQUEZ “PREFERIRÍA” QUE O SECRETARIO XERAL DO PSdeG ESTIVESE “NUNHA POSICIÓN DE PAÍS” E ALEGA QUE FEIJÓO “SE RESISTE A RECORRER O FROB” PORQUE ESTÁ CONDICIONADO POLA POSICIÓN DO PP NO ESTADO PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Marzo 2010 13:10

O BNG recada na Coruña novos apoios ao Manifesto Galiza Ten Dereito e o líder nacionalista afirma que “mobilizar a sociedade non significa só manifestarse na rúa, que tamén”


“É Zapatero e non un ministro ou un segundo dun ministro quen toma as decisións. Por iso Feijóo debe demandar unha entrevista con el”


O Bloque Nacionalista Galego celebrou esta mañá, nun céntrico hotel coruñés, un novo acto da xeira de encontros sectoriais que está a desenvolver nas cidades galegas para recadar novos apoios ao manifesto Galiza Ten Dereito, impulsado pola formación nacionalista e que foi asinado o 5 de Febreiro no Parlamento Galego por BNG, PP, CIG, UXT, CC OO e a Confederación de Empresarios de Galiza.

Nun encontro cos meios de comunicación previo ao comezo do acto, o líder nacionalista afirmou que “se o señor Feijóo” se resiste a apresentar un recurso de inconstitucionalidade contra o FROB é porque está condicionado pola posición política do seu partido “a nivel estatal”.Nós pensamos que si debería facelo (recorrer o FROB)”, aduciu o portavoz nacional, “se realmente quer explicitar diante do Goberno central que está disposto a ir a por todas neste tema”.

O dirixente nacionalista tamén foi interpelado polos meios a respecto das recentes declaracións de Manuel Vázquez nas que o secretario xeral do PSdeG deitaba sombras de dúbida sobre a solvencia da fusión galega. O portavoz nacional comezou por negar a maior e por se preguntar: “Se o debate fose a solvencia, entón que estaría a pasar noutras latitudes do Estado?”. Optou a seguir por “non levar os debates onde realmente non están” e considerou que a sociedade galega “non pode interiorizar” como problema o que non é -a presunta insolvencia- “se así o fixésemos”, matizou, “se o interiorizásemos así, estaríamos perdidos porque estariamos pensando en que isto non é unha cuestión política, senón técnica, e nós dicimos o contrario, non é técnica, é política”.

“De solvencias”, engadiu, “poderiamos falar ao longo e ancho do Estado español” e entón comprobaríase como “esas presuntas maiores ou menores solvencias se van resolver de maneira diferente en diferentes sitios”.

VODEVIL INASUMÍBEL


Aquí a cuestión é outra: é dilucidar se “temos dereito a termos caixas galegas e a que a nosa economía poda contar con aforro galego para o seu impulso, sabendo que a alternativa é que o noso aforro saia do País e sirva para desenvolver outros territorios”.

Argüíu que “o señor secretario xeral” do PSdeG-PSOE “pode intentar levar o tema por onde queira, pero eu preferiría que estivese nunha Posición de País, defendendo o que eu creo que maioritariamente defende esta sociedade”. Así actuarían, enfatizou, “algúns dos seus homólogos” do Partido Socialista “se estivesen en Euskadi, Andalucía ou Catalunya”.

A respecto da marcha das negociacións Goberno galego-Goberno español, manifestou a súa convicción de que “están a alcanzar un grao de vodevil absolutamente inasumíbel”.

“A Xunta debe rachar as negociacións e o señor Feijóo debe comparecer no Parlamento galego para explicarnos cal é a súa folla de rota”, dixo o líder do BNG, para quen o xefe do Executivo galego debe cambiar de táctica e pedir “unha entrevista co señor Zapatero”. Con Zapatero porque “é el quen toma as decisións e non un ministro nen o segundo dun ministro”. O encontro con Zapatero non sería para negociar nada, senón “para esixirlle a retirada do recurso”.

MOBILIZAR A SOCIEDADE


Explicou que entende o BNG pola mobilización da sociedade en defensa do seu dereito a dispor dun sistema financeiro propio. “Mobilizar unha sociedade non é exclusivamente falar de manifestarse na rúa, que, por suposto, que tamén. É algo máis que iso. É que, con independencia da posición dos grupos políticos e os axentes sociais, todas e todos nos impliquemos como cidadáns se queremos ter un futuro de dignidade para este País”.

Na súa opinión existe “unha moi boa base” para comezar a traballar, o Manifesto que se asinou o 5 de Febreiro. O espírito do Manifesto “debería contar co apoio da sociedade galega, si se me permite a expresión, por abaixo, de maneira que se explicite o que Galiza como sociedade pensa desta cuestión, e se iso pode concluír nunha manifestación, pois evidentemente si pode concluír”, aseverou ante os xornalistas.

A seguir o encontro cos medios, o portavoz nacional mantivo un animado intercambio de impresións con representantes de sectores sociais, empresariais, veciñais e sindicais da cidade e comarca da Coruña.

No acto estiveron presentes membros dos grupos municipais e provincial do BNG, encabezados por Henrique Tello e Pablo Villamar, respectivamente; a responsábel comarcal, Silvia Seixas; e o responsábel local, Afonso Sánchez.
 
A Concellaría de Igualdade iniciará o vindeiro xoves o deseño do Plan de Conciliación Municipal PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Marzo 2010 19:02

A DIRECTORA DO INSTITUTO DA MULLER, LAURA SEARA, VISITARÁ O CONCELLO O VINDEIRO XOVES CO FIN DE PRESENTAR E APOIAR O INICIO DOS TRABALLOS PARA DESEÑAR E APROBAR O PLAN


O vindeiro día 11 de marzo, a Directora do Instituto da Muller, Laura Seara, visitará o Concello da Coruña co fin de presentar e apoiar o inicio dos traballos para deseñar e aprobar o Plan de Conciliación Municipal impulsado coa Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez e que se inclúe no marco do Proxecto Equilibrio.

En xaneiro deste ano, comezou a segunda fase do Proxecto Equilibrio cuxo obxectivo xeral consiste en apoiar e asesorar o deseño, a aprobación e a posta en marcha dun Plan de Conciliación en dez territorios de España. Para elixir aos concellos participantes neste fito, o Instituto da Muller en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), abriron a correspondente convocatoria pública, para a cal o Concello da Coruña presentou a su solicitude de participación. O Concello da Coruña é a única entidade local galega que participa neste proxecto, xunto con outras administracións locais de todo España.

Así, unha vez seleccionadas as dez Entidades Locais participantes, o tivo lugar o pasado 19 de xaneiro na sede do Instituto da Muller en Madrid, a primeira xornada informativa que contou con representantes deste Organismo, dos municipios e da FEMP. O encontro versou sobre o proceso metodológico que se utilizará para que cada municipio finalice este ano coa posta en marcha dun Plan de Conciliación.

A consecución dos fines operativos programados contará cun equipo de trabajo que, en función dunha metodoloxía creada ad hoc no marco do Proxecto, encargarase de asesorar e acompañar tecnicamente ás Entidades Locais. As labores a realizar, en estreita colaboración co persoal técnico do Concello da Coruña, consistirán na diagnose, a detección de fortalezas e áreas de mellora dos recursos do territorio que favorecen a conciliación e a corresponsabilidade da cidadanía e, tamén, xerarquizar as medidas que se poñerán en marcha a corto, medio e longo prazo. O resultado do asesoramento será o Plan de Conciliación Municipal que, avalado polo compromiso do Consistorio da Coruña, terá a posibilidade de comezar e executar as primeiras acciones programadas ate febreiro de 2011.
Ler máis...
 
8 de marzo: A Concellería de Igualdade inaugura a exposición ‘Visibilidade’ en conmemoración do Día Internacional da Muller PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Marzo 2010 18:11

A EXPOSICIÓN PROPÓN UNHA VIAXE QUE REIVINDICA A CORRESPONSABILIDADE ENTRE HOMES E MULLERES, SEN MÁIS LÍMITE QUE A IMAXINACIÓN, POÑENDO EN VALOR OS MÚLTIPLES LOGROS ACADADOS E EVIDENCIANDO AQUELES SECTORES LABORAIS AINDA PROFUNDAMENTE MASCULINIZADOS


O ALCALDE E A CONCELLEIRA DE IGUALDADE INAUGURARÁN A MOSTRA HOXE ÁS 19.30 HORAS NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DE MARÍA PITA


Hoxe luns 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez, inaugurará a exposición ‘Visibilidade’.A partir de ‘Resetea: Cambia o teu rol’, ao que únense uns textos que conforman un percorrido reflexivo arredor dos traballos e profesións, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá proponnos unha viaxe que reivindica a corresponsabilidade entre homes e mulleres, sen máis límite que a imaxinación, poñendo en valor os múltiples logros acadados así como evidenciando aqueles sectores laborais aínda profundamente masculinizados.

A cita é na sala de exposicións de María Pita, ás 19:30 horas, cando teña lugar a inauguración da mostra á que asistirán algúns e algunhas das protagonistas desta exposición fotográfica.

O Alcalde, Javier Losada, e a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, serán os encargados de abrir esta exposición pública, a cal permanecerá no Palacio de María Pita ata o próximo 4 de abril.

Para a difusión deste acto na Coruña e área metropolitana a Concellaría encargou 10.000 postais coa imaxe de Fran González, xogador do Deportivo, e Pili Neira, cinco veces campioa de España, xogadora do Karbo Deportivo e Seleccionadora galega de fútbol, que se entregan de agasallo coa guía de ocio GO.

 

‘Traballando de igual a igual’

Por outra banda, os tres Espazos de atención á infancia, situados no Centro de Emprego das Roseiras, no Centro Cívico do Castrillón e no Centro Cívico de Monte Alto, dedicarán o día de hoxe ao obradoiro TODOS E TODAS TRABALLANDO DE IGUAL A IGUAL, onde os máis pequenos aprenderán sobre as diferentes profesións superando os estereotipos de xénero que moitas delas levan asociados.

Máis información

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>