| O BNG PEDE NOS ORZAMENTOS DO ESTADO 2010, 27,5 MILLÓNS DE EUROS MÁIS PARA A CORUÑA |
| Luns, 26 Outubro 2009 18:09 | |||
Os nacionalistas galegos rexistraron unha serie de emendas aos Orzamentos para unha mellor dotación das partidas para a comarca coruñesa en infraestruturas, medio ambiente e culturaO BNG rexistrou no Congreso dos Deputados unha serie de emendas ao proxecto de Orzamentos do Estado 2010, entre as que figuran as que piden unha mellor dotación das partidas para A CoruñaEn total, os nacionalistas galegos rexistraron 19 emendas relativas só á comarca coruñesa para a que peden 27,5 millóns de euros máis de investimento. O deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, dá conta dos proxectos para os que “demandamos máis partidas que sobre todo atinxen ao ámbito das infraestruturas, caso do AVE, ou da mellora da seguridade vial en varias estradas ou a Terceira Ronda. Outros teñen que haber co medio ambiente como a rexeneración de bordes litorais ou rías, e otras son referidas ao capítulo de cultura”. Estas emendas serán tratadas e negociadas no seu trámite na Comisión de Orzamentos do Congreso. A continuación indicamos as emendas do BNG relativas á comarca de A Coruña: - 1 millón de euros para a conexión ferroviaria de A Coruña co porto Exterior - 1 millón para a rexeneración da Ría de O Burgo - 4 millóns para o AVE Ferrol-A Coruña - 500.000 euros para o AVE Lugo-A Coruña - 300.000 euros para a rexeneración da praia de Sada - 400.000 euros para o Paseo peatonal entre Sada e Gandarío - 1 millón para a rexeneración do borde litoral da ría de Betanzos-Ares - 300.000 para a mellora da seguridade vial da N-VI ao seu paso por Aranga, Coirós e Bergondo - 400.000 para a mellora da seguridade vial da N-651 ao seu paso por Paderne e Miño - 1,6 millóns para a rehabilitación da Real Fábrica de Tabacos de A Coruña - 200.000 euros para o Convenio co concello de Sada para habilitar a Capilla dde San Roque como sala de exposicións - 10 millóns para a AC-14 tramo As Lonzas-Zapateira - 150.000 euros para o Estudo para a reforma e adecuación da AC-11 na Avenida Alfonso Molina - 1 millón para o Archivo Histórico Provincial de A Coruña - 1,1 millón para a ampliación da plataforma sur - 800.000 para a remodelación do Edificio Terminal - 1,7 millóns Convenio co concello de Sada para a renovación de colector - 1,2 millóns para o Convenio coa Universidade de A Coruña para a construción do Campus Center - 800.000 para o Convenio coa Universidade de A Coruña para a cesión terreos Renfe
|


