Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

O PRIMEIRO TENENTE DE ALCALDE PARTICIPARÁ MAÑÁ E O XOVES NO III ENCONTRO DE XESTORES DE SITIOS DECLARADOS PATRIMONIO MUNDIAL PDF Imprimir Correo-e
Martes, 06 Outubro 2009 15:46

Henrique Tello estará presente neste encontro que se celebra este ano en Ibiza, unha cita que reúne a máis de cen xestores aos que informará sobre os primeiros resultados e os froitos do proceso de declaración da Torre de Hércules


O Primeiro Tenente de Alcalde destacou a importancia desta cita para dar a coñecer os proxectos que se están desenvolvendo en torno ao faro romano, e para intercambiar experiencias con outras cidades que contan tamén con esta distinción


O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, estará presente no III Encontro de Xestores de Sitios Declarados Matrimonio Mundial que este ano se celebra en Ibiza. Durante as xornadas de mañá mércores e o xoves, Henrique Tello aproveitará a súa participación nesta xuntanza para intercambiar experiencias cos xestores doutras cidades que contan con esta distinción por parte da Unesco. Ademais, terá a oportunidade de presentar tanto os primeiros froitos tras a declaración outorgada á Torre de Hércules o pasado 26 de xuño, así como avanzar os principais proxectos e actuacións previstos e que se están desenvolvendo xa para promocionar e poñer en valor aínda máis o monumento máis emblemático da cidade da Coruña.

O Primeiro Tenente de Alcalde destacou a importancia desta cita para poñer en común os intereses, inquedanzas, proxectos e outros aspectos relativos á xestión dos bens Patrimonio da Humanidade. De feito, este encontro contará con máis de cen participantes, a meirande parte deles xestores de diferentes cidades así como responsables de diversos departamentos do Ministerio de Cultura e da Unesco.

As xornadas serán inauguradas mañá pola directora xeral de Belas Artes e Bens Culturais do Ministerio de Cultura, Ángeles Albert, e pola alcaldesa de Ibiza, Lourdes Costa. O intenso programa inclúe numerosas ponencias sobre diferentes aspectos relacionados coa xestión, promoción, consolidación e posta en valor dos diferentes monumentos e conxuntos arquitectónicos Patrimonio da Humanidade, entre os que xa se conta a Torre de Hércules.