Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

ENTRA EN FUNCIONAMENTO O NOVO CENTRO DE RECEPCIÓN DA TORRE DE HÉRCULES, CO FIN DE MELLORAR A ATENCIÓN ÁS CADA VEZ MÁIS NUMEROSAS VISITAS AO FARO ROMANO PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Marzo 2010 18:35

O primeiro tenente de alcalde, Henrique Tello, visitou hoxe o centro, no que tamén se ofrecerá información sobre outros recursos turísticos da cidade


Henrique Tello celebrou os positivos datos de visitas ao faro romano, que seguen incrementándose e o mes pasado acadaron a cifra de 4.274 persoas, procedentes de todo o Estado así como de numerosos países como Francia, Estados Unidos, China ou Australia


O primeiro tenente de alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, visitou hoxe o novo Centro de Recepción de Visitantes da Torre de Hércules, coincidindo coa súa posta en funcionamento no contorno da zona de aparcamento da torre. O obxectivo deste centro é ofrecer unha maior e mellor atención aos visitantes que se achegan ao faro romano, así como facilitar aos traballadores que se encargan do labor de informar e asesorar aos usuarios dunhas instalacións máis axeitadas. Ademais, este centro servirá como punto de información non só en todo o relativo á torre, senón en todos os recursos e atractivos turísticos da cidade da Coruña, para o que contará con persoal específico de Turismo da Coruña.

Seguindo as directrices do Plan Director de Desenvolvemento Turístico da Coruña, no relativo á obtención de datos máis completos e rigorosos sobre as persoas que visitan a cidade, neste centro realizarase un exhaustivo rexistro sobre a orixe, a modalidade de aloxamento, os días de estadía e outros datos de interese sobre os turistas que inclúen a Torre de Hércules no seu itinerario de percorridos pola Coruña.

Henrique Tello manifestou que este centro ven a mellorar de xeito substancial as canles e os contidos da información que reciben os visitantes ao faro romano. Non obstante, reiterou a súa vontade e desexo de situar no antigo cárcere o Centro de Interpretación da Torre de Hércules, co fin de poñer en valor este monumento Patrimonio Histórico da Humanidade. O primeiro tenente de alcalde tamén lembrou que o desenvolvemento do plan de saneamento da Torre de Hércules, cun orzamento de 600.000 euros, inclúe non só a canalización do saneamento senón tamén a adecuación  das instalacións para impedir filtracións, así como a recuperación dunha zona peonil no contorno do centro de recepción, liberándoo de tráfico e reordenando o aparcamento.

O responsable da área de Turismo tamén destacou os positivos datos en canto a visitas ao monumento, indicando que van medrando considerablemente, o que da unha idea da súa proxección como Patrimonio da Humanidade. De feito, durante o mes de febreiro deste ano rexistráronse un total de 4.274 visitas, fonte as 3.565 acadadas no mes de xaneiro. Comparando estes datos cos do mesmo período do ano anterior, o incremento foi máis que notable, xa que en febreiro de 2009 rexistráronse 2.668 visitas.

Con respecto á procedencia das persoas que se achegaron á torre o pasado mes, entre o turismo estatal encabezan a lista Barcelona, con 137 visitas, e Madrid, con 103. No tocante ao turismo europeo, ocupa o primeiro posto Francia con 72 visitas, seguida de Portugal, con 55 e de Reino Unido. Do continente americano destacan os estadounidenses, con 49 visitantes, seguidos de arxentinos e brasileiros. De Asia téñense rexistrado tamén visitas significativas de chineses (12 persoas), así como coreanos, filipinos e xaponeses. Outras procedencias destacadas son Australia, de onde chegaron seis visitantes o mes pasado, e Israel, con dúas visitas.