|
Martes, 13 Xullo 2010 15:42 |
A Casa Museo Casares Quiroga acolle mañá a conferencia ‘Os republicanos ante a crise’ organizada polo Centro de estudos históricos, políticos e de opinión Nuevos Republicanos.
Presentará o acto Celestino Poza Domínguez, Concelleiro de Cultura do Concello de Culleredo e contará coa intervención de Javier Ruipérez Alamillo, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña e membro do Ateneo Republicano de Galicia.
A cita será mañá mércores 14 de xullo ás 20.30 horas na Casa Museo Casares Quiroga. |
|
Venres, 09 Xullo 2010 13:00 |
|
O vindeiro domingo clausúrase a exposición de Isabel Coixet ‘From I to J’
O vindeiro domingo clausúrase a exposición de Isabel Coixet ‘From I to J’ na que a cineasta rende unha homenaxe persoal ao escritor, pensador e artista John Berger. Un momento da inauguración da exposición o pasado 10 de xuño
Máis de 4.000 persoas pasaron nestes días pola antiga prisión provincial para ver a exposición e participar nos distintos actos que se organizaron arredor da mesma.
A instalación neste espazo carcerario, escenario ideal para recrear a experiencia sensorial do texto de Berger ‘From I to J’, sorprendeu ao público asistente non podendo subtraerse ás experiencias e vivencias das moitas persoas que pasaron pola cárcere, pagando coa privación da liberdade, e en ocasións coa propia vida, a defensa das súas ideas.
A mostra organizada pola Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia e Raíña Lupa Edicións, poderá visitarse ata o domingo en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas. |
|
Xoves, 08 Xullo 2010 17:10 |
A escalinata da Domus acollerá mañá ás 21.00 horas a actuación do grupo Tiruleque dentro do ciclo de concertos Son de Noite organizados pola Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo.
Tiruleque nace como proxecto na primavera do 2002, consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros pero tendo tamén presentes outras moitas influencias.
O obxectivo do grupo é acadar o seu propio son, identificábel tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección. Nas súas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo, reinterpretando en certa maneira á tradición. |
|
Mércores, 07 Xullo 2010 15:10 |
A Casa da Cultura Salvador de Madariaga acollerá desde mañá a exposición ‘Fotos da Apocalipse’ de Lola García Garrido en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas todos os días. A mostra permanecerá aberta até o 1 de agosto e será inaugurada mañá, xoves día 8, pola concelleira de Cultura, Mª Xosé Bravo.
Lola García Garrido é unha das novas fotógrafas que xa contan cunha ampla bagaxe. Xunto a notables exposicións, podemos coñecer as súas fotografías vinculadas ao mundo musical, os seus audiovisuais...
Con Fotos da Apocalipse, Lola García Garrido fainos unha proposta surrealista, no que se rompe o tradicional mecanicismo causa-efecto grazas á interposición da visión do artista. Lola reordena o universo que a rodea, que nos rodea, reinterpretando moitas das iconas tradicionais. A Apocalipse non deixa de ser unha crise total, no que a descontextualización será absoluta; rompe coas tradicionais relacións do espazo e o tempo. Con isto - como pasa coas imaxes dos beatos medievais- incítanos á reflexión, a reformularnos a nosa relación co mundo.
Para iso, como nos recorda Manuel José de Lara Ródenas, "hai acenos ao expresionismo, á irreverencia do dadaísmo, ao colorido do pop, á laboriosidade da colaxe, á elasticidade do cómic, todo iso sen perder un ápice de personalidade, de frescura e xuventude”. |
|
Luns, 05 Xullo 2010 14:56 |
A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo , presentou esta mañá a III Edición do ciclo de concertos Son de Noite coa que o seu departamento leva, un ano máis, a música a lugares singulares da cidade. Nesta terceira edición celebraranse catro concertos, un por semana durante todo o mes de xullo arrancando o vindeiro venres 9 de xullo coa actuación de Tiruleque na Escalinata da Domus ás 21.00 horas e na que se poderá gozar da música tradicional deste grupo coruñés que chega a todos os públicos.
A seguinte semana, cambiamos o venres por mércores, e a escalinata da Domus polos Xardíns de Méndez Núñez onde Omar Souleyman ofrecerá unha actuación moi especial grazas a colaboración do Festival Sin Sal. Este artista sirio con miles de seguidores no seu país achegará a nosa cidade a música tradicional do seu pais.
O Castelo de San Antón será o lugar elixido para os dous seguintes concertos cambiando a hora ás 22.30 horas e para acoller propostas máis intimistas con Manecas Costa e Fran Pérez e o seu espectáculo ‘Aló irmao’ no que apostan pola mestura entre a música galega e a africana, e un concerto do cantautor ourensá Emilio Rúa que presentará un disco gravado e mesturado en Casa de Tolos e producido pola cantante galega Uxía e o músico brasileiro Sergio Tannus onde se exploran novos rexistros nunca antes empregados por Rúa, familiares e cercanos.
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 05 Xullo 2010 14:18 |
A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, inaugurará mañá na Sala Municipal de Exposicións en Palexco inaugurará mañá martes 6 de xullo ás 20.00 horas a exposición ‘Derradeira sesión’ de Manuel Sendón e Olaia Sendón.
Baixo o título ‘Derradeira sesión' , Manuel e Olaia Sendón proponnos una última mirada aos edificios que foron os cines galegos. Por toda a nosa xeografía, en cidades e vilas, ao longo do século XX, construíronse ou readaptáronse edificios para o seu uso como cine; practicamente todos perderon esa función e moitos deles desapareceron fisicamente ou están a punto de facelo.
A exposición móstranos dúas reflexións dende dúas estéticas diferentes: por unha parte a fotográfica de Manuel Sendón. Por outra a cinematográfica da súa filla Olaia, que ten por título OS FABULOSOS IRMÁNS DÁ LUZ. Ambas as dúas inciden no perdido, o lugar de reunión e de comunicación cultural posiblemente máis característico do século XX, especialmente do seu segundo terzo. Paralelamente é inevitable reflexionar sobre a velocidade de cambio do noso tempo, da obsolescencia, do relativo de moitos dos logros que parece que sempre permanecerán.
|
|
Ler máis...
|
|
|