| Música e teatro no 'Espazo Aberto' do Forum durante o mes de xuño |
|
|
|
| Venres, 29 Maio 2009 22:24 | |||
![]() A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá os actos previstos para o mes de xuño dentro do ciclo ‘Espazo aberto’ que se realiza no Forum Metropolitan e que ten por obxectivo potenciar os grupos e artistas locais. Neste próximo mes de xuño o programa previsto pola concellaría de Cultura ofrecerá música e teatro e arrancará o 3 de xuño co concerto do cantautor Xoán Eiriz con máis de 30 anos de traxectoria municipal. A actuación incluída neste ciclo de Espazo Aberto ofrecerá un concerto básico de pop en galego para todas as idades cun repertorio variado de música lixeira e popular, 'un percorrido pola poesía Galaica' tal e como o definiu o propio artísta. A cita o 3 de xuño ás 21.00 horas.
O mércores 10 de xuño, ás 20.30 horas. Nelson Quinteiro presentará 'As mans perdidas', un concerto de canto tradicional baseado fundamentalmente na voz pero con toques de interpretación, danza tradicional ou contemporánea. Para elo, o intérprete fai uso dunha serie de elementos como mesa de efectos, pedais de loops ou diferentes micrófonos para crear polifonías ou esceas sonoras, sobre as que baila, recita ou interpreta. 'As mans perdidas' fai referencia ás persoas que se agochan detrás das letras da poesía tradicional, e que nos contan historias de vida de fativa, de moito traballo ou miseria, pero tamén de amor, de ledicia, e dun marco natural que o envolve todo. Coas Mans Perdidas, Nelson Quintero ofrece un recital íntimo, un concerto amósase a verquente máis persoal deste artista, que noutros eidos destaca com director de iniciativas como o Festival Galego de Cabaré ou da Compañía Femme Fatale. O venres 12 ás 20.30 horas será o turno do teatro coa representación da obra 'Pedro e o Capitán' de Mario Benedetti a cargo dunha novísima compañía com é O’ar teatro que representará un texto que ten como pano de fondo a represión das ditaduras sudamericanas na década dos 70. Unha obra sobre dous homes representantes dunha sociedade dividida por estes puntos de vista políticos que levan á total incomunicación, un texto de ata onde somos capaces de chegar por preservar as nosas pertenzas. Pero ao tempo, é unha obra sobre a dignidade, autoestima, a lealdade, a honra, a integridade e o respecto. Por último o día 19 de xuño a compañía Trotaventos teatro presentará 'Hai que poñelo de tolo!' de Carlos Freire, unha sátira crítica que pon de manifesto as integras que xurden cando temos ante nos algo que pode cambiar a nosa vida, neste caso un herdo.
|







