Maria Xose Bravo

Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Cultura Siniestro Total e Igloo actuarán esta fin de semana dentro do festival ‘Vai de Camiño 2009’
Siniestro Total e Igloo actuarán esta fin de semana dentro do festival ‘Vai de Camiño 2009’ PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Xullo 2009 16:34

As actuacións serán no Parque de Santa Margarida o 17 e 18 de xullo.

O parque de Santa Margarida acollerá a próxima fin de semana o Festival ‘Vai de Camiño 2009’ organizado pola Concellaría de Cultura que dirixe a concelleira nacionalista María Xosé Bravo, e que contará coa actuación de Siniestro Total e Igloo como cabezas de lista.

A entrada aos concertos será de balde e as actuacións comezarán, tanto o venres 17 de xullo como o sábado 18 de xullo, ás 20.00 horas.

Así o venres ademais de Siniestro Total poderemos bailar coa música de Tarú e os Paxaro Coiro,  Galegoz e, Os Tres Trebóns e Amigos.

O sábado será o turno de Igloo, Elanor, John Deeres, Spinning Jenny, Chamalle Xis!, Scandal e Igloo.

Unha fin de semana musical na que poderemos facer un percorrido polos distintos estilos musicais dende música electrónica, reggae, funk, soul, rock,  pop, bossanova...