Maria Xose Bravo

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Cultura Descarga ao Vivo fusionará a música galega e cubana no Teatro Rosalía de Castro o próximo 23 de xullo.
Descarga ao Vivo fusionará a música galega e cubana no Teatro Rosalía de Castro o próximo 23 de xullo. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Xullo 2009 16:32

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá o espectáculo Descarga ao Vivo que chegará ao Teatro Rosalía de Castro o próximo 23 de xullo, un espectáculo que fusiona a música galega e cubana.

Así, o Rosalía de Castro vibrará ao son do danzón e da guajira, da muñeira e da Habanera. ‘Trátase dunha investigación musical de Ramón Pinheiro que xorde dun libro: A la Habana quiero ir’. La música gallega en Cuba (Sotelo Blanco, 2009). Un repertorio emblemático, nalgúns casos inédito e noutros longamente esquecido.
Unha orquestra mixta, cuns arranxos entre o jazz latino e o folk europeo. Un elenco musical de excepción dirixido artisticamente por Ramón Pinheiro e con tres directores musicais:

- Alejandro Vargas: Profesor do ISA (Instituto Superior de Artes) de Cuba, compositor e arranxos. Con “Trapiche” recibiu o premio Cubadisco ao mellor disco de jazz en 2008.

- Pedro Pascual: Profesor de acordeón diatónico na Central Folque.  Compositor, arranxista, produtor musical e músico de Marful e Talabarte Trío.

- Marcos Teira. Compositor, arranxista e recoñecido intérprete de guitarra flamenca. Músico de Marful, Narf e U-lo trío. Vén de sacar o seu segundo disco Alí.

Cuns arranxos musicais entre o jazz latino e o folk europeo, a Descarga ao Vivo preséntase en tres concertos exclusivos: 23 de xullo na Coruña, 25 en Compostela e 30 de xullo en Vigo.

Entre os 12 temas que interpretarán soarán melodías emblemáticas para a emigración galega coma a ‘Alborada de Veiga’ ou ‘Un adiós a Mariquiña’ e temas inéditos como ‘O Indiano’ de Ricardo Fortes Albarellos, ‘Del Ferrol a La Habana’ de Juán Parga ou o tema ‘Cuba-Galicia’ do compositor cubano Guillermo Tomás.
 
A Descarga ao vivo nace dun acordo de colaboración entre a Central Folque (Centro Galego de Música Popular) e o ISA (Instituto Superior de Arte) cubano. Profesores de ambos centros conforman esta orquesta mixta que nos achegará a finais de xullo os sons que facían a capital cubana.
Nos concertos da Coruña e Vigo ademais poderase adquirir exemplares do libro deste investigador vigués.