|
Mércores, 02 Setembro 2009 16:32 |
|
A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou esta mañá a nova Edición do Festival Internacional ‘Maxia na rúa’. Será o terceiro ano consecutivo que os fin de semana do mes de setembro a Maxia ocupe as rúas da cidade. Un total de oito artistas internacionais ofrecerán durante todo o mes os seus trucos de ilusionismo en 13 escenarios distintos. O Festival coruñés de maxia na rúa está xa consolidado e pódese medir con outros eventos de ilusionismo como os que se celebran en Lugo ou Santiago tal e como sinalou a Concelleira. “A maxia está de moda” subliñou a edil quen destacou o feito de que realizar esta actividade na rúa supón tamén devolver a maxia aos seus orixes, ao sitio no que naceu para asombro dos viandantes e veciños.
Este ano serán 13 os escenarios da cidade que acollerán os espectáculos. Estarán a cargo de Malo, el malísimo (EEUU); Mago Norberto (Alemania); Peter Wardell (Reino Unido); Adrián Conde (Arxentina) e os españois Civi Civiac, Kayto, Willy Monroe ou, o compostelán Mago Vituco. Para obter máis información pódese consultar a web www.maxiaderua.com PROGRAMA COMPLETO EN PDF
|