Maria Xose Bravo

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Cultura A Concellería de Cultura inaugurou en colaboración coa Subdelegación do Goberno a exposición ‘Nais de África’ de Gabriel Tizón
A Concellería de Cultura inaugurou en colaboración coa Subdelegación do Goberno a exposición ‘Nais de África’ de Gabriel Tizón PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Marzo 2010 18:25

A EXPOSICIÓN MOSTRA OS RETRATOS DE NAIS  ENTRE 14 E 64 ANOS DA REXIÓN DE BIUR, EN GUINEA BISSAU COS QUE SE TRATA DE REIVINDICAR O VALOR DAS MULLERES NA SOCIEDADE


A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, acompañada polo Subdelegado do Goberno, Xosé Manuel Pose, e a Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentaron esta mañá a exposición fotográfica ‘Nais de África’ de Gabriel Tizón que acollerá o propio edificio da Suddelegación do Goberno ata o vindeiro 11 de abril.
A exposición mostra os retratos dunhas serie de nais que comprenden idades entre 14 e 65 anos, da rexión de Biur, en Guinea Bissau cos que se trata de reivindicar o valor destas mulleres na súa sociedade que traballan dentro e fóra de casa, son responsables da educación e a supervivencia dos seus fillos... en definitiva, son unhas heroínas anónimas.

A Concelleira de Cultura destacou a importancia desta mostra coa que
se busca reflexión sobre a desigualdade que se está a dar no mundo xa que “un mundo que se basea nas desigualdades e na inxustiza pouco futuro pode ter”. María Xosé subliñou ademais a dobre intencionalidade da mostra xa que por un lado serve de denuncia da situación que están a vivir as mulleres en África e ao mesmo tempo supón unha homenaxe ás mesmas polo seu valor, dignidade e seu infatigábel esforzo diario para sacar adiante aos seus fillos.


A mostra quere ser unha exposición fóra dos circuítos exclusivamente culturais. O obxectivo de expoñela na rúa non é outro que o de chegar ao máximo  público posíbel cunha realidade que todos deben coñecer,  apoiado polo compromiso de dúas institucións como a Concellaría de Cultura da Coruña e la Subdelegación do Goberno.

O propio autor da mostra, Gabriel Tizón, destacou a importancia desta iniciativa coa que intenta “darlle voz a todas as mulleres que non a teñen” nunha exposición onde as auténticas protagonistas son elas destacando especialmente a dignidade reflectida por todas elas. É que, tal e como  explicou Tizón, “aínda que sexan pobres economicamente, son ricas en canto a valores e teñen moito que ensinar ao que chamamos o primeiro mundo”.

GABRIEL TIZÓN (Ferrol, 1973)   www.gabrieltizon.com


- 1995: El Correo Gallego e O Correo Galego, Santiago de Compostela-Ferrol (1997-1998).
- 1997- 2000: La Voz de Galicia na Delegacion A Mariña - Asturias e Lugo (1998-2000).
- 2000: Decide traballar como freelance, colaborando habitualmente con axencias, xornais e revistas nacionais e internacionais, sendo de xeito habitual, Agencia EFE, Grupo Recoletos, Grupo La Capital, Prensa Libre de Guatemala, Gran Angular París e outros, publicando así os seus traballos en medios como El País, El Mundo, Abc, The Guardian, Le Monde, New York Times, Vanguardia, Expansión, Voz de Galicia, Heraldo de Aragón, Periódico de Catalunya ...

Actualmente o seu labor diario como fotoxornalista realízao para o xornal  El País e colabora con axencias nacionais e internacionais. Realizou os seus traballos en catro continentes, case sempre co ánimo de fotodenuncia, sendo esta a temática fotográfica que máis lle apaixona, pero non por iso deixou de realizar traballos e exposicións de carácter artístico. Ademais, realizou exposicións individuais e colectivas en diferentes países Europeos, Africanos e Estados Unidos.

A súa obra está adquirida en coleccións públicas e privadas. Colabora con diferentes Ongs e asociacións culturais realizando traballos en países como Alxeria, Senegal, Indonesia, Croacia, Gambia, Guinea Bissau, Mauritania....