Maria Xose Bravo

Axenda

Xullo 2010
L M m X V S D
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Cultura A Concellería de Cultura realiza obradoiros e visitas escolares á exposición ‘Atapuerca e a evolución humana’
A Concellería de Cultura realiza obradoiros e visitas escolares á exposición ‘Atapuerca e a evolución humana’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Marzo 2010 18:29
A Concellería de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo, continúa a realizar visitas guiadas para grupos escolares, así como obradoiros e conferencias como actividades complementarias a  exposición ‘Atapuerca e a evolución humana’ que acolle a Sala Municipal de Exposicións en PALEXCO ata o 25 de abril, de 12 a 14 e de 18 a 21 horas, todos os días da semana.

A mostra inclúe unha serie de obradoiros para escolares que serán impartidos por membros vinculado aos equipos de Atapuerca, e destinado a estudantes entre 8 e 12 anos, nas propias salas de exposicións de Palexco realízanse os seguintes obradoiros:

- 13, 27 de marzo e10  de abril de 2010, de 12 a 13’30h.: “Detectives do Pasado” (Obradoiro de Arqueoloxía).
- 13, 27 de marzo e 10  de abril de 2010, de 18 a 19’30h.: “Coñeceremos os vertebrados” (Obradoiro de Paleontoloxía)
- 14, 28 de marzo e  11 de abril  de 2010, de 12 a 13’30h.: “¿Queres coñecer qué pintaban os nosos antepasados e por qué o facían?” (Obradoiro de Arte prehistórico)

Para participar nestes obradoiros ou organizar unha visita guiada precisase de inscrición previa no teléfono: 981 18 98 40

Ademais, continúanse a realizar unha serie de conferencias no Salón de Actos da Domus, as seguintes serán:

- 11/03/10 ás 20h.: “A paisaxe de Atapuerca ao microscopio” a cargo da Doctora Gloria Cuenca Bescós.
- 15/04/10 ás 20h: “CSI Atapuerca” a cargo da Doctora Ana Gracia Téllez.