Xan Martinez Caxigal

Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Deportes Henrique Tello anuncia que non se presentará ás aleccións munipais de 2011
Henrique Tello anuncia que non se presentará ás aleccións munipais de 2011 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Maio 2010 13:07

O portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Coruña, Henrique Tello, fixo pública esta mañá a súa decisión de non se presentar ás vindeiras eleccións municipais que se celebrarán no 2011. Despois de 24 anos como cabeza de cartel e situado na primeira liña política considera que os obxectivos da súa etapa, tanto políticos como electorais, están cumpridos.

Henrique Tello durante a comparecencia de prensa

Os motivos expostos por Henrique Tello céntranse exclusivamente nunha razón vital. “...en que a miña vida ten un valor moi importante e que durante anos tivena moi descoidada, quédame moito por facer na miña vida” explicou o portavoz do Grupo Municipal do BNG na Coruña quen subliñou que “non é unha despedida xa que non abandonarei a política, simplemente un anuncio de que non estarei na primeira liña”.

Henrique Tello concluiu destacando a labor realizada nos últimos anos como Primeiro Tenente de Alcalde coa que logrou “ter ben encamiñados” os principais proxectos das súas áreas, que non dependen do oportunismo electoral senón do firme convencemento no seu valor, con actuacións tan importantes como a Oficina de Información ao Consumidor, a posta en marcha do primeiro Centro Municipal de Empresas, que será inaugurado nos vindeiros días, a posta en marcha do plan director de Turismo e da Torre de Hércules, a Rede Coruña Emprega ou a Mesa do Comercio.