Margarida Vazquez

Axenda

Marzo 2010
L M m X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Igualdade A Concellaría de Igualdade comeza no Centro Cívico do Castrillón a campaña de difusión do Banco do Tempo
A Concellaría de Igualdade comeza no Centro Cívico do Castrillón a campaña de difusión do Banco do Tempo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Febreiro 2010 14:56

A PRIMEIRA DAS CHARLAS TERÁ LUGAR MAÑÁ ÁS 18.00 HORAS NA QUE SE DARÁ A COÑECER EN PROFUNDIDADE EN QUÉ CONSISTE ESTE SERVIZO INCLUÍDO DENTRO DO PROGRAMA ‘CONCILIA OS TEUS TEMPOS’


A concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, que dirixe Margarida Vázquez Veras, comeza mañá unha campaña de difusión coruñesa do Banco de Tempo da cidade da Coruña en diferentes Centros Cívicos da rede municipal, ao tempo que de captación de posibles usuarios e usuarias.

Durante estas charlas, de importante compoñente práctico, as persoas interesadas poderán coñecer en profundidade en qué consiste este servizo, incluído dentro do programa "Concilia os teus tempos" -no que se inclúe o Servizo de atención á infancia- que está a desenvolver a Concellaría, así como as modalidades de prestación e as casuísticas que se contemplan.

Calendario previsto


Centro Cívico Municipal del Castrillón: 09/02/2010 -- 18:00 h

Centro Cívico Municipal dos Mallos:  18/02/2010 -- 19:00 h

Centro Cívico Municipal das Roseiras: 22/02/2010-- 18:00 h

Centro Cívico Municipal de Monte Alto: 23/02/2010 -- 17:30 h

Centro Cívico Municipal de Monelos: 24/02/2010 -- 18:00 h

Centro Cívico Municipal de Artesáns: 25/02/2010-- 19:00 h

Centro Cívico Municipal de Elviña: 01/03/2010 -- 17:00 h

Centro de Orientación Familiar: 16/03/2010 -- 10:00 h

Centro Cívico Municipal San Diego: 17/03/2010 -- 18:00 h


Para máis información, chamar ao 981 184 356 (CIM-Centro Municipal da Muller)