| A Concellaría de Igualdade iniciará o vindeiro xoves o deseño do Plan de Conciliación Municipal |
|
|
|
| Martes, 09 Marzo 2010 19:02 | |||
A DIRECTORA DO INSTITUTO DA MULLER, LAURA SEARA, VISITARÁ O CONCELLO O VINDEIRO XOVES CO FIN DE PRESENTAR E APOIAR O INICIO DOS TRABALLOS PARA DESEÑAR E APROBAR O PLANO vindeiro día 11 de marzo, a Directora do Instituto da Muller, Laura Seara, visitará o Concello da Coruña co fin de presentar e apoiar o inicio dos traballos para deseñar e aprobar o Plan de Conciliación Municipal impulsado coa Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe a nacionalista Margarida Vázquez e que se inclúe no marco do Proxecto Equilibrio. En xaneiro deste ano, comezou a segunda fase do Proxecto Equilibrio cuxo obxectivo xeral consiste en apoiar e asesorar o deseño, a aprobación e a posta en marcha dun Plan de Conciliación en dez territorios de España. Para elixir aos concellos participantes neste fito, o Instituto da Muller en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), abriron a correspondente convocatoria pública, para a cal o Concello da Coruña presentou a su solicitude de participación. O Concello da Coruña é a única entidade local galega que participa neste proxecto, xunto con outras administracións locais de todo España. Así, unha vez seleccionadas as dez Entidades Locais participantes, o tivo lugar o pasado 19 de xaneiro na sede do Instituto da Muller en Madrid, a primeira xornada informativa que contou con representantes deste Organismo, dos municipios e da FEMP. O encontro versou sobre o proceso metodológico que se utilizará para que cada municipio finalice este ano coa posta en marcha dun Plan de Conciliación. A consecución dos fines operativos programados contará cun equipo de trabajo que, en función dunha metodoloxía creada ad hoc no marco do Proxecto, encargarase de asesorar e acompañar tecnicamente ás Entidades Locais. As labores a realizar, en estreita colaboración co persoal técnico do Concello da Coruña, consistirán na diagnose, a detección de fortalezas e áreas de mellora dos recursos do territorio que favorecen a conciliación e a corresponsabilidade da cidadanía e, tamén, xerarquizar as medidas que se poñerán en marcha a corto, medio e longo prazo. O resultado do asesoramento será o Plan de Conciliación Municipal que, avalado polo compromiso do Consistorio da Coruña, terá a posibilidade de comezar e executar as primeiras acciones programadas ate febreiro de 2011. Precisamente, o xoves 11 de marzo, terá lugar no Concello a primeira reunión con representantes do Instituto da Muller e da Asistencia Técnica do proxecto ao obxecto de planificar, de maneira coordinada con distintas áreas municipais, cómo van levarse a cabo as actuacións necesarias para cumprir cos obxectivos marcados no proxecto e cos que a Concellaría de Igualdade do Concello da Coruña está plenamente comprometida. A xornada do vindeiro xoves iniciarase cunha recepción institucional no Concello (Salón Azul), ca presenza da Directora do Instituto da Muller, Laura Seara, da Concelleira de Igualdade, Margarida Vázquez, e o Concelleiro de Persoal, José Federico Nogueira, que posteriormente serán recibidos polo Alcalde. O Plan favorecerá a conciliación dos tres ámbitos da vida (laboral, persoal e familiar) incidindo en dous niveis da intervención local, un cara á cidadanía (plan externo) e outro para os seus propios empregados e empregadas (plan interno). E dicir, por un lado, no nivel interno ou da xestión dos recursos humanos que traballan no Concello e por outro, no nivel externo ou das políticas, servizos e actuacións municipais dirixidas a mellorar a harmonización dos tempos da vida da cidadanía (medidas para a flexibilizar dos tempos da cidade e do traballo, servizos de ocio e de atención a menores e persoas dependentes xunto a campañas para o cambio de crenzas e comportamentos para a corresponsabilidade da sociedade). Os resultados que se conseguirán desde o Concello da Coruña coa súa participación no Proxecto son:• Un estudio-diagnose sobre a situación da partida, os recursos disponibles e/ou potenciais favorecedores da conciliación, así como as necesidades e demandas cidadáns deste municipio en materia de conciliación da vida persoal, familiar e profesional. • A aprobación dun Plan de Conciliación axustado ás necesidades concretas da nosa localidade (dende o ámbito interno, en relación cas necesidades dos empregados públicos, e dende o ámbito externo, en relación cas necesidades da cidadanía en xeral). • A posta en marcha das primeiras actuacións contempladas no Plan de Conciliación. • A visibilización do Concello cara ao exterior como unha organización comprometida coa harmonización dos tempos da cidadanía e como exemplo para outros Concellos interesados en incorporar estratexias viables a súa política de actuación para promover a harmonización dos tres espazos da vida.
|





