| As Concellarías de Voluntariado e Solidariedade en Coruña, Culleredo e Cambre esixen á Xunta a gratuidade da formación para as persoas voluntarias para dar cumprimento da Lei |
|
|
|
| Mércores, 10 Marzo 2010 16:16 | |||
OS TRES RESPONSABLES MUNICIPAIS AMOSARON O SEU REXEITAMENTO AO PLAN DE FORMACIÓN VOLUNTARIADO 2010 DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADOESTA MAÑÁ TIVO LUGAR UN ENCONTRO DE TRABALLO NO CONCELLO DA CORUÑA NO QUE COORDINOUSE O TRABALLO A DESENVOLVER NO FUTURO E ANALIZAR O PLAN DA XUNTA DE GALICIAA través deste comunicado as areas de Solidariedade e Voluntariado dos Concellos de Cambre, A Coruña e Culleredo desexan mostrar o seu malestar ante a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pola decisión unilateral de cobrar ás persoas voluntarias unha cota de inscrición no programa de formación de voluntariado 2010. A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, mantivo unha reunión de traballo esta mañá cos concelleiros dos concellos de Culleredo, María Beatríz Pérez Mosquera, e Cambre, Antón Otero Domínguez, responsables das áreas de voluntariado nos diferentes municipios na que se coordinou o traballo a desenvolver no futuro e analizar o Plano de Formación de Voluntariado desenvolvido pola Xunta de Galicia co que ata agora viñan colaborando os distintos concellos.No mes de xaneiro de 2010, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, púxose en contacto cos distintos concellos para invitalos a solicitar ao ente autonómico cursos de voluntariado para desenvolver nos nosos municipios. Unha vez feita a solicitude, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado outorgou varios cursos que serán impartidos en espazos de competencia municipal dos concellos de Cambre e A Coruña. A sorpresa foi cando o pasado día 26 de febreiro de 2010 a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado colga na súa páxina WEB www.voluntariadogalego.org o Plan de Formación para o ano 2010 onde se reflicte que os cursos concedidos teñen un custo para cada persoa voluntaria participante neles. Cabe recordar que son cursos dirixidos a persoas voluntarias que precisan formación para desempeñar a súa labor solidaria, polo que cobrar pola súa inscrición nos cursos contravén o estipulado na a Lei 3/2000, do 22 de decembro de voluntariado de Galicia. A Lei 3/2000 de voluntariado regula o seguinte:Preámbulo A participación da sociedade civil nos asuntos de interese xeral, e máxime naquelas situacións que redunden na erradicación de situacións de discriminación, é un feito que ten cada vez maior incidencia na comunidade, debendo considerarse esta participación como o recoñecemento dun dereito que efectivamente lle asiste e como unha necesidade que ten o Estado e, neste caso, a Comunidade Autónoma de Galicia para dar resposta ás necesidades da poboación. O lexislador autonómico fundamenta a súa regulación nos seguintes puntos básicos: a. Garantir a liberdade de traballo voluntario fronte ós obstáculos que poidan oporse o mesmo, así como favorecer o recoñecemento de esta labor a nivel social. Artigo 6. Principios básicos. f. A gratuidade e a proximidade, de tal forma que as actividades de voluntariado se realicen o máis cerca posible dos cidadáns e o seu medio. (a formación entendese como actividade de voluntariado). Artigo 8. Obrigacións das entidades coas persoas voluntarias. c. Proporcionar ás persoas voluntarias a formación específica e a orientación necesaria para o exercicio das súas actividades. e. Cubrir os gastos das persoas voluntarias derivados do desenvolvemento da súa actividade. f. Dotar ás persoas voluntarias dos medios e recursos apropiados para o cumprimento das súas funcións. l. Facilitar a participación do voluntariado na elaboración, deseño, execución e avaliación dos programas nos que interveñan. Artigo 14. Dereitos das persoas voluntarias. c. Recibir a orientación, apoio e formación necesarios para o exercicio da súa actividade. g. Ser reembolsadas dos gastos que poida ocasionarlles a actividade de voluntariado. h. Dispoñer dos medios e recursos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. Artigo 15. Deberes das persoas voluntarias. f. Participar nas actividades de formación establecidas pola organización. Por todo o aquí exposto, os Concelleiros de Coruña, Culleredo e Cambre solicitan á Xunta de Galicia e máis en concreto á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a gratuidade da formación para as persoas voluntarias para dar cumprimento ao establecido na Lei 3/2000 do 22 de decembro de voluntariado de Galicia.
|






A Concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, mantivo unha reunión de traballo esta mañá cos concelleiros dos concellos de Culleredo, María Beatríz Pérez Mosquera, e Cambre, Antón Otero Domínguez, responsables das áreas de voluntariado nos diferentes municipios na que se coordinou o traballo a desenvolver no futuro e analizar o Plano de Formación de Voluntariado desenvolvido pola Xunta de Galicia co que ata agora viñan colaborando os distintos concellos.