|
Luns, 08 Febreiro 2010 14:50 |
A Concellaría de Normalización Lingüística que dirixe a nacionalista, Ermitas Valencia rematou esta mañá a campaña ‘A Nosa compra en galego’ nos mercados Municipais da Cidade co cen por cen de participación entre os comerciantes. Esta campaña coa que pretende fomentar o uso do galego nos mercados municipais coruñeses e a recuperación das formas tradicionais de compra e venda, repartiu 8500 cadernos da listaxe da compra entre os clientes dos mercados e 180 diccionarios sobre a linguaxe do comercio aos vendedores.
Ademais , revalorizou os mercados como lugar de transmisión cultural achegando formas artísticas como a danza ao Mercado Municipal das Conchiñas, a música ao de Santo Agostiño e a poesía ao Mercado da Praza de Lugo. Neste último, a acción poético- sonora “falar e andar cos mesmos pés”, desenvolvida por David e Estevo Creus xunto ás bailarinas Marta Alonso e Paulina Funes, contou con unha especial participación dos comerciantes que, durante 45 minutos, gozaron dos novos conceptos multimedia de creación poética e desprazáronse, xunto aos artistas, polos distintos recintos do mercado municipal.
|