Enrique Tello Leon

Axenda

Setembro 2010
L M m X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Sindicación

Todo o sitio:
RSS 2.0 - todo o sitioATOM - todo o sitio

Novas Grupo Municipal:
RSS 2.0 - Novas Grupo MunicipalATOM - Novas Grupo Municipal

Novas BNG:
RSS 2.0 - Novas BNGATOM - Novas BNG

 

Inicio Turismo TURISMO DA CORUÑA SACARÁ A CONCURSO A MARCA DA CIDADE
TURISMO DA CORUÑA SACARÁ A CONCURSO A MARCA DA CIDADE PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 06 Febreiro 2010 00:00

A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo da Coruña acordou hoxe elaborar os pregos de condicións


A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo da Coruña acordou hoxe elaborar os pregos de condicións para sacar a concurso a Marca de Cidade no mes de febreiro. Esta acción considerase fundamental para iniciar as accións de reposicionamento da Coruña como destino turístico.

O Plan Director salientaba o carácter prioritario desta actuación e a Xunta de Goberno acordou non escatimar medios nun proxecto tan valioso para o Turismo da Coruña.

Igualmente, acordouse abordar unha modificación dos estatutos para actualizalos conforme á lexislación e para posibilitar unha maior participación do sector privado.

Por último, a Xunta de Goberno acordou cesar do seu cargo ao xerente do Consorcio, nos termos e condicións previamente acordados e con aceptación expresa por parte do xerente.

Esta medida entra dentro das adaptacións organizativas que se recomendan no Plan Director, co fin de reforzar as áreas de promoción e información.
O Consorcio fará público en breve o nome da persoa que estará a fronte do mesmo.